Skip to main content

Políticas públicas de igualdade


xenero
Enrollment is Closed

Sobre este curso

O itinerario formativa empeza cunha aproximación ao concepto de política pública para achegarse logo ás políticas públicas de igualdade. Faino a través da análise das distintas estratexias e axentes que interveñan na correcta implantación destas políticas a través do principio de igualdade de oportunidades, das accións positivas e do mainstreaming de xénero. O actual marco lexislativo consagra a igualdade de homes e mulleres pero sabemos que está pendente o reto da construción dunha sociedade e dun estado igualitario. Falamos da eliminación das fendas de xénero, da violencia contra as mulleres, dos estereotipos sexistas e do patriarcado e falamos dun estado no que non teña cabida ningunha forma de discriminación, nomeadamente as relacionadas coa desigualdade estrutural por razón de xénero, ás que ás veces se suman outros rasgos que multiplican as consecuencias. Por elo, e con fin de avanzar neste propósito, sempre é positivo analizar as orixes e coñecer cales foron os primeiros pasos das políticas de igualdade e o despegue institucional das mesmas así como da arquitectura institucional que as sustentou o marco normativo actual. Na políticas de igualdade, ademais das estratexias, hai que afondar no coñecemento dos instrumentos propios como os Plans Estratéxicos de Igualdade, os informes de impacto de xénero ou os informes e as avaliacións periódicas sobre a efectividade do principio de igualdade. Finalmente, o itinerario olla ao futuro para plantexar unha breve análise da actual axenda política do feminismo, así como dos elementos que poñen en risco os avances e, por suposto, os retos pendentes.

Requisitos previos

Non hai requisitos previos.

Docente

Course Staff Image #1

Laura Seara Sobrado

Consultora socia de Red Talento experta en xénero e discapacidade e asesora legal da Fundación CERMI Mujeres. Licenciada en Dereito e Máster en Calidade dos Servizos Públicos, conta cunha ampla experiencia na xestión e deseño de políticas públicas de igualdade. Foi Directora Xeral do Instituto de la Mujer (2009-2011) e Secretaria de Estado de Igualdad do Goberno de España (2011). Como deputada 8 anos no Parlamento de Galicia e voceira de igualdade, foi ponente da Lei 11/2007 do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero e da Lei 2/2007, de 28 de marzo, do traballo en igualdade das mulleres de Galicia. Durante os 4 anos de deputada no Congreso dos Deputados exerceu de voceira da Comisión de Políticas Integrais da Discapacidade, vicevoceira de Medio Ambiente e vogal de Igualdade. Formou parte da Asamblea Parlamentaria do Consello de Europa e foi Vicepresidenta do CJE. Impartiu numerosos cursos sobre políticas de igualdade en universidades españolas e latinoamericanas, actividade formativa que sigue desenvolvendo xunto coa participación como consultora en proxectos internacionais da Comisión Europea e da OCDE. Actualmente, tamén forma parte do Padroado da Fundación Luzes e é colaboradora da Ventana de Galicia da Cadena Ser.

Preguntas frecuentes