Skip to main content

Novas masculinidades


xenero
Enrollment is Closed

Sobre este curso

Son moitos os autores e autoras que relacionan directamente a masculinidade hexemónica con consecuencias negativas, como o acoso escolar, a violencia machista, a criminalidade, accidentes na estrada, sinistros laborais , etc. O primeiro que debemos facer é cambiarnos a nós mesmos, potenciando en nós un modelo masculino máis igualitario, empático, implicado na consecución da equidade, non violento, non machista, non xerárquico. É preciso contruír novas masculinidades xustas e libres de prexuízos.

Requisitos previos

Non hai requisitos previos.

Docente

Course Staff Image #1

Jorge García Marín

É profesor de socioloxía na Universidade de Santiago de Compostela, profesor do Master de Igualdade, Xénero e Educación e secretario do CIFEX (Centro Interdisciplinario de Investigacións Feministas e de Estudos do Xénero) da USC. As liñas de investigación abordan dende a transmisión do machismo en redes sociais ate o estudio de masculinidades.

Preguntas frecuentes