Skip to main content

O acoso sexual e o acoso en función do sexo: Unha inxustiza invisible (4ª edición)


xenero
Enrollment is Closed

Obxectivos:

  • Identificar as desigualdades estruturais e sistémicas derivadas da categoría xénero nas áreas sociais, económicas, xurídicas, políticas e culturais e institucións sociais que as perpetúan.
  • Detectar as relacións violentas no contexto da discriminación de xénero, identificando e recoñecendo diferentes tipos de violencia contra as mulleres.
  • Interpretar as normas xurídicas reguladoras da perspectiva de xénero: a nivel da Unión Europea, estatal, autonómico e local.
  • Empregar os protocolos para a denuncia da violencia e actitudes en contra a muller.
  • Rexeitar comportamentos e contidos sexistas e estereotipos en diferentes ámbitos.

Duración:

O curso terá unha duración de 15 horas que se desenvolverán de xeito autónomo ao longo de dous meses.

Elaboración do material didáctico:

Yolanda Rodríguez Castro, profesora do Departamento de Análise e intervención psicosocioeducativa da Universidade de Vigo.

Comunicación:

A través e do correo electrónico formacionigualdade@uvigo.es.

Contidos:

Tema 1. Da violencia sexual ao acoso en función de sexo: concepto, tipoloxía, vítimas e raíces:
a. Delimitación conceptual das violencias sexuais: acoso sexual e acoso en función do sexo.
b. Clasificación do acoso sexual.
c. Quen son as vítimas do acoso sexual e acoso en función do sexo?
d. As raíxes do acoso sexual: a extensión do patriarcado.
Tema 2. Diagnóstico de acoso sexual e por razón de sexo da Universidade de Vigo:
a. Estado da cuestión do acoso sexual nas universidades.
b. Estudo de acoso sexual e acoso en función do sexo na Universidade de Vigo.
Tema 3. Protocolo marco de actuación para a prevención e sanción do acoso sexual e por razón de sexo na Universidade de Vigo:
a. Marco lexislativo e normativo: internacional e nacional.
b. O Protocolo marco de actuación para a prevención e sanción do acoso sexual e por razón de sexo da Universidade de Vigo.

Proxecto financiado polas seguintes entidades:

Logos